As Torres do Allo dixitalízanse e énchense de actividades
20:13 29/06/17
Un dos monumentos máis emblemáticos da Costa da Morte colle pulo. Así, as Torres do Allo - un dos poucos pazos de Galicia abertos ao público - vén de abrirse tamén na rede cunha páxina web propia e cun perfil nas redes sociais máis usadas do momento (Facebook e Instagram). A web recolle toda a información que xira ao redor do monumento: historia, horario de visitas, que hai no seu contorno, como chegar,... e ademais conta cun deseño responsive, o que a fai adaptable á visualización a través dos dispositivos móbiles.
Ademais da dixitalización, as Torres do Allo reciben o verán cunha ampla oferta de actividades dirixidas a todos os públicos. Dende este domingo, e durante todos os domingos de xullo e agosto, o grupo de teatro Os Quinquilláns ofrecerá unha visita teatralizada polo interior e exterior do pazo a partir das 19:30 horas. Para os máis cativos ponse en marcha por primeira vez "Os secretos ocultos nas Torres"; un xogo de pistas especial que terá lugar os días 15 e 29 de xullo e 12 e 26 de agosto ás 12:30 horas.
“Clásica nas Torres” presentará unha serie de concertos de música de violín interpretados por Kamo Petrosian, os días 14 e 21 de xullo e os 19 e 25 de agosto ás 20:30 horas. Novo tamén é o I concurso de fotografía co móbil “Enfoques do Allo”, que ofrece unha bolsa de premios de 100, 75 e 50 euros para as fotos máis fermosas e cuxas bases poden consultarse na páxina web oficial. O cine tomará as Torres o 22 de xullo coa proxeción da película galega "A Esmorga" ás 22 horas, namentres que e o concerto de Xoán Curiel e Iris Grey o día 27 de agosto ás 20:30 horas pechará o ciclo de actividades de verán.
Horario de verán
Ata o 15 de setembro, as súas portas do pazo ábrense de luns a venres de 11 a 20 horas, mentras que as fins de semana amplian o seu horario ata as 21 horas. Ademais, ofrécese todos os días un servizo gratuito de visitas guiadas (ás 13 e ás 17 horas).
Dende fai un ano, o concello de Zas -a través da concellería de Cultura encabezada por Manuel García Velo - xestiona as visitas e a difusión das Torres do Allo.
Máis información
Novas relacionadas- As Torres do Allo estrean horario de verán
- Un grupo de profesores de distintas universidades visitan as Torres do Allo
- Lucho Penabade: “O Castelo de Vimianzo e as Torres do Allo son os escenarios ideais para as visitas teatralizadas”
- Abril 2017: As visitas teatralizadas volven ás Torres do Allo na Semana Santa
- Xaneiro 2017: As Torres do Allo estrean folletos
- Xaneiro 2017: Os mil segredos das Torres do Allo
- Novembro 2016: 140 alumnos de Zas aprenden a historia da comarca nas Torres do Allo
- Setembro 2016: As Torres do Allo acollen unha exposición de pezas de Olería de Buño
- Setembro 2016: Máis de 2200 persoas visitaron as Torres do Allo durante o verán
- Setembro 2016: 400 persoas disfrutaron das visitas teatralizadas das Torres do Allo
- Xullo 2016: Máis de 900 persoas visitan as Torres do Allo nos últimos tres meses.
- Xullo 2016: As Torres do Allo potencian o seu pasado.
- As visitas teatralizadas chegan ás Torres do Allo
- O Concello de Zas xestionará as visitas e a difusión das Torres do Allo
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Zas