As Torres do Allo énchense de música clásica, xogos e visitas guiadas durante a fin de semana
08:12 12/07/17
Ademais das visitas guiadas teatralizadas que lle dan vida cada domingo ás Torres do Allo, ésta será unha fin de semana cargada de actividades nun dos pazos máis emblemáticos da Costa da Morte. Así, o programa de actividades para este verán deseñado pola concellería de Cultura do concello de Zas - encargada da xestión de visitantes - estrea este venres un ciclo de música clásica.
O encargado diso será o violinista Kamo Petrosian, que ofrecerá este vernes un concerto no xardín das Torres do Allo. A cita, que é gratuita e está dirixida a todos os públicos, comeza ás 2o:30 horas.
Xogos infantís
Outra das actividades estrela da programación de verán das Torres do Allo son "Os secretos ocultos nas Torres"; un xogo de pistas para os máis pequenos. A través de distintas pistas sobre a historia do pazo, os participantes descubrirán os secretos que se agochan tras as paredes deste edificio.
Haberá catro sesións diferentes ao longo dos meses de xullo e agosto. A primeira delas será este sábado, día 15, ás 12:30 horas.
Número de teléfono
Por outra parte, as Torres do Allo ademais de estrear web veñen de mudar o número de teléfono de atención aos usuarios. A partir de agora, o teléfono de contacto é o 655 716 743.
O horario de apertura ao público do pazo é de luns a venres de 11 a 20 horas e sábados e domingos de 11 a 21 horas. Todos os días, se realizan visitas guiadas ás 13 e ás 17 horas. Todas as actividades son gratuitas así como a entrada ao pazo.
Máis información
Novas relacionadas- Zas promociona as Torres do Allo a través dun concurso de fotografía
- As Torres do Allo dixitalízanse e énchense de actividades
- As Torres do Allo estrean horario de verán
- Un grupo de profesores de distintas universidades visitan as Torres do Allo
- Lucho Penabade: “O Castelo de Vimianzo e as Torres do Allo son os escenarios ideais para as visitas teatralizadas”
- Abril 2017: As visitas teatralizadas volven ás Torres do Allo na Semana Santa
- Xaneiro 2017: As Torres do Allo estrean folletos
- Xaneiro 2017: Os mil segredos das Torres do Allo
- Novembro 2016: 140 alumnos de Zas aprenden a historia da comarca nas Torres do Allo
- Setembro 2016: As Torres do Allo acollen unha exposición de pezas de Olería de Buño
- Setembro 2016: Máis de 2200 persoas visitaron as Torres do Allo durante o verán
- Setembro 2016: 400 persoas disfrutaron das visitas teatralizadas das Torres do Allo
- Xullo 2016: Máis de 900 persoas visitan as Torres do Allo nos últimos tres meses.
- Xullo 2016: As Torres do Allo potencian o seu pasado.
- As visitas teatralizadas chegan ás Torres do Allo
- O Concello de Zas xestionará as visitas e a difusión das Torres do Allo
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)