Mércores. 09.10.2024
El tiempo

As Torres do Allo estrean horario de verán

As Torres do Allo estrean horario de verán
horario-torres-allo-zas Todos os días da semana se ofrecen visitas guiadas no pazo das Torres do Allo ás 13 e ás 17 horas O pazo das Torres do Allo - un dos poucos abertos ao público en toda a comunidade - vén de estrear o seu horario de verán. Así dende hoxe e ata o 15 de setembro as súas portas abriranse de 11 a 20 horas de luns a vernes, mentras que as fins de semana amplian o seu horario ata as 21 horas. Como vén sendo habitual no último ano, o concello de Zas - encargado da xestión e promoción do pazo - ofrece un servizo gratuito de visitas guiadas que serán todos os días ás 13 e ás 17 horas. Novas relacionadas Fonte

Comentarios