domingo. 10.11.2024
El tiempo

As Torres do Allo mudan o seu horario de visita

As Torres do Allo mudan o seu horario de visita
As-Torres-do-Allo-tenen-as-portas-abertas A partir do 16 de setembro, as Torres do Allo abren os sábados, domingos e festivos de 11 a 19 horas Despois dun verán no que bateron récord de visitas, as Torres do Allo mudan de horario estes días. Ata o próximo venres, día 15, o pazo máis antigo da comunidade abre as súas portas de 11 a 20 horas. A partir do sábado 16 setembro, coincidindo co fin da etapa estival, o novo horario de apertura é sábados, domingos e festivos de 11 a 19 horas. Durante os días de apertura o concello de Zas, encargado da xestión de visitas das Torres do Allo, seguirá ofrecendo de xeito gratuiro un servizo de visitas guiadas (ás 13 e ás 17 horas) e o xogo de pistas “O Secretos Ocultos nas Torres". A entrada nas Torres do Allo é de balde. Curso de fotografía Por outra parte, o I concurso de fotografía móbil Enfoques do Allo xa ten gañadores. Despois dunha selección de 10 imaxes realizadas por un xurado especializado, foron os usuarios das redes sociais os que elixiron as tres mellores fotos a través dos seus votos. Martiño Rivera Dourado (con 434 gústame na súa foto), Yuri de Vargas (376 votos) e Conchi Retana (con 178) son os autores das imaxes gañadoras que recibirán 100€, 75€ e 50€, respectivamente.  

Máis información

Novas relacionadas Fonte

Comentarios