Venres. 26.04.2024
El tiempo

As asociacións de Baio esixen a reapertura inmediata da ponte

Ponte Baio (6)
Dende xuño están realizando as obras na ponte de Baio
As asociacións de Baio esixen a reapertura inmediata da ponte

Representantes das diferentes asociacións de Baio reuniranse o vindeiro luns, ás 21:00 horas, para perfilar as medidas que levarán a cabo co fin de exisirlle á Xunta de Galicia a reapertura inmediata da ponte sobre o río Grande que atravesa os Concellos de Zas e Vimianzo.

Segundo o comunicado emitido pola Consellería de Infraestructuras os traballos de ampliación da ponte obrigaban a pechala ao tráfico rodado dende o 18 de outubro ata finais do mes de novembro. “Estamos preocupados polos prazos, porque segundo se pode observar as obras non están o suficientemente avanzadas como para que se reabra a ponte a finais deste mes”, sinalan dende a Asociación de Empresarios Comarca de Soneira. Ademais, outra cuestión que molesta ao tecido asociativo é o ritmo dos traballos. “Consideramos que é unha obra de gran
relevancia e debería de haber varios turnos de traballo para que as obras remataran o antes posible”, sinalan.

Para cruzar dun lado ao outro é necesario utilizar o corredor de Santa Irene e percorrer unha distancia duns sete kilómetros. Este e outros factores fan que o peche da ponte teña unhas graves consecuencias para o sector comercial de Baio e A Piroga que xa padeceu durante a campaña do verán e que temen que incida na inminente campaña de Nadal. Por este motivo están artellándose unha serie de accións entre as cales se contempla unha concentración.

Comentarios