"Xa non tendes moita xente, pero agora coas obras da ponte menos”
Mentres os rexedores de Vimianzo e Zas esperan resposta da Xunta, os empresarios da zona queren dar constancia dos problemas que están a producir as obras da Ponte. “Si xa a pandemia non da tregua, agora na Comarca de Soneira temos un problema a maiores, as obras que sabemos cando empezan pero non cando rematan”, explican dende a Asociación de Empresarios Comarca de Soneira.
”Realmente este ano, en plena época estival era necesario poñerse a cortar o tráfico da vila? Foi empezar o verán e empezar cas obras?, pregúntanse. “Non dicimos que non sexan necesarias (despois de 10 anos de promesas, pero podíase ter escollido outras fechas”.
Pero é que ademais, “xa non bastaba coas obras, que nun mes que levan, xa hai retrasos. Nesta fecha deberíamos ter un carril acondicionado para o paso de vehículos, pero parece que aínda non vai ser para agora. Esperamos que a reunión que teñen o alcalde de Zas, Manuel Muíño, e a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, sexa frutífera”.
Mentres tanto aseguran que todos os días escoitan dos seus clientes frases do tipo: “Xa non tendes moita xente, pero agora co tema da ponte menos”; “Xa que teño que coller a autovía, xa vou cara Carballo”; “Si chego a saber que teño que dar tanta volta, vou a outro sitio”; “ Uiii, perdón, pero coa volta que teño que dar, xa chamei a outro sitio para a cita”; “Vaia rollo ter que vir agora ata aquí”…
”A pandemia fixo e sigue facendo dano nos establecementos da zona, pero agora temos outra pandemia máis: as obras que sabemos cando empezan pero non cando rematan”.
Artigos relacionados
- Cousas que existían pero que descubrimos coa pandemia: A farsa da Galicia perimetrada por Concellos e os ríos como límites territoriais.
- A reflexión dun autónom@ soneirán sobre os peches perimetrais no rural.