Novo corte de tráfico, ata o 30 de novembro, na ponte de Baio polas obras
As dificultades técnicas que está atopando a empresa executora están provocando diversas vicisitudes no desenvolemento das obras da ponte que se separa os Concellos de Zas e Vimianzo sobre o río Grande. De feito, as obras obrigarán a realizar un novo corte do tráfico para vehículos (aberto para peóns) a partir deste luns 18 de outubro e ata o vindeiro 30 de novembro para acometer os traballos de ampliación da infraestrutura.
A Xunta recoñece que se descubríu que a a antiga beirarrúa estaba nun voadizo sostido por un contrapeso sobre a propia ponte e, unha vez eliminado o firme, observouse que as súas dimensións eran maiores das previstas inicialmente. Isto obrigou a realizar demolicións de maior alcance que as planificadas, executadas sempre tendo coidado de non danar a
estrutura.
Ademais, explican que tamén se observaron dificultades para levar a condución de abastecemento polo lugar que estaba previsto inicialmente, xa que a fábrica da ponte (o interior do arco) non é regular. Para salvar esta dificultade, é necesario elevar lixeiramente a plataforma da ponte, para pasar as conducións de abastecemento e eliminar, como estaba previsto, as conducións que discorrían ata agora pola parte exterior.