Sábado. 18.09.2021
El tiempo

Avanzan a moi bo ritmo as obras da praza de Baio

O Concello de Zas pon a punto os campos de futbol municipais para o comezo da tempada
obras-praza-baio
Avanzan a moi bo ritmo as obras da praza de Baio

Avanzan por fin, as obras de construción da nova praza de Baio; unha vella demanda veciñal na que o Concello de Zas inviste un total de 314.988,72€. Os traballos, executados pola empresa Lires Cons están fase inicial do movemento de terras.

Un dos obxectivos principais desta nova urbanización é dotar á vila dunha zona para a celebración de eventos tales como a feira mensual de Baio, feiras sectorais, festas e outras citas similares. As obras estanse a realizar ao carón do paseo fluvial.

O “novo campo da feira de Baio” ocupará un total de 5.181 m² nos que se construirán unha extensa praza, unha zona de aparcamentos debidamente sinalizados e unha vía que comunica as rúas Herbais da Ponte e Bispo Romero de Lema.

Melloras no campo de fútbol

acondicionamento-campo-futbol-concello-de-zas1

Mentres, parte da brigada obras do Concello de Zas levou a cabo estes días diferentes traballos de mantemento nos dous campos de fútbol municipais de cara ao inicio da nova tempada 2021-2022.

As tarefas centráronse principalmente na limpeza dos terreos de xogo, no acondicionamento do perímetro do campos, na revisión das canaletas, xuntas e riegos de auga, cambio de redes, pintado de muros e diversas reparacións na iluminación e nos equipos de son.

Despois de máis dun ano de parón debido á situación sanitaria provocada pola Covid19, esta domingo ás 18:30 horas disputase no Campo Municipal Platas Reinoso un partido amistoso entre o CD Baio e o Flavia SD.

comentarios