mércores. 25.03.2026
El tiempo

O premiado Alejándro Gándara presenta en Zas o seu novo documental sobre os Castelos da Costa da Morte

CARTEL ZAS - O Concello de Zas acolle a proxección do documental ‘A Costa e os castelos’ este venres
O premiado Alejándro Gándara presenta en Zas o seu novo documental sobre os Castelos da Costa da Morte

Co Premio Mestre Mateo á Mellor Documental baixo o brazo por "360 curvas", Alejandro Gándara fai público xa o sei novo traballo. O director baiés presenta este venres, 27 de marzo, nas Torres do Allo, o documental ‘A Costa e os castelos’, unha peza audiovisual que propón unha viaxe pola Costa da Morte a través do seu patrimonio histórico. 

A cita terá lugar nas Torres do Allo a partir das 20:30 horas, nun enclave emblemático que conecta directamente coa temática do propio documental, centrado en castelos, torres e pazos do territorio. A proxección será de acceso libre ata completar aforo.

Dirixido por Alejandro Gándara Porteiro, quen asina tamén a produción, o guión e a montaxe, o documental ofrece unha mirada que combina o rigor da investigación histórica cun enfoque contemporáneo sobre a relación da sociedade co patrimonio. Ademais, o director vén de ser recoñecido co premio Mestre Mateo ao mellor documental pola súa obra “360 curvas”.

‘A Costa e os castelos’, realizado en 2026, é un documental de 30 minutos de duración que destaca pola súa coidada factura técnica e narrativa. O proxecto foi premiado no III Certame ‘Fondo de proxectos culturais Reino de Galicia’ da Deputación da Coruña, o que avala o seu valor cultural e divulgativo. 

O documental propón unha viaxe pola Costa da Morte a través dos seus castelos, torres e pazos, explorando o pasado e o presente destes lugares para compoñer un relato que combina a investigación histórica cunha ollada curiosa cara á nosa relación co patrimonio. 

Máis novas

Comentarios