Badius arrinca cas clases da Escola de Teatro Infantil en Baio e Zas
Non paran de espallar o amor polo teatro na Costa da Morte. Poderíamos falar de Talía Teatro, a compañía costeira por excelencia, que imparte clases por boa parte da Costa. Pero hoxe imos ata Baio e Zas, onde os actores do Grupo de Teatro Badius, Marco Álvarez e Pablo Soto (Pibe), cambian o papel polo de monitor para arrincar coas clases da VIII Escola de Teatro Infantil.
Unhas clases que dan comezo este sábado 8 de novembro, e terán lugar os sábados no Auditorio do pavillón de deportes de Baio de 12:30 a 14:00h e no Auditorio do concello de Zas de 16: a 17:30h. As clases rematarán en Maio cunha clausura na que se representarán diversas obras de teatro.
Aínda hai prazas e o prazo de inscrición segue aberto, así que xa podes informarte e inscribirte no concello de Zas ou chamando ó 981 708 303.
Novas relacionadas
- Nova fornada de actores en Zas.
- Badius Teatro xa fai o sueco no Youtube.
- 25 anos espallando o teatro dende Baio para toda a Costa da Morte.
Propostas teatrais
- Malpica únese ao teatro por outono.
- Ponteceso tamén aposta por un novembro de teatro.
- Vimianzo volve apostar pola programación continua para o outono.
- Laxe prepara a súa Mostra de Teatro.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).