Venres. 26.04.2024
El tiempo

Baio acolle o 18 de maio un curso sobre o uso de caixeiros

uso-caixeiros copia
Baio acolle o 18 de maio un curso sobre o uso de caixeiros

A fenda dixital financieira segue sendo unha das lacras da comarca. Unha das obrigas no marco do proceso de desmantelamento das oficinas do rural é a formación sobre o uso dos caixeiros para os nosos maiores.

O Centro Sociocultural de Baio acolle o vindeiro 18 de maio un curso sobre o uso de caixeiros de forma fácil e segura.

A formación comeza ás 10:30 horas e despois dunha pequena charla introductoria, os/as asistentes desprazaranse xunto cun monitor a un caixeiro para aplicar os coñecementos. A duración aproximada desta formación é de dúas horas.

Para poder participar é necesario anotarse previamente na Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Zas a través do número de teléfono 981 70 83 03 (Isabel). 

Comentarios