Venres. 19.04.2024
El tiempo

O caixeiro de Dumbría xa está operativo ano e medio despois do peche da oficina

Organizan unha xornada formativa para facilitar o seu uso
Caixeiro de Dumbria
O caixeiro de Dumbría xa está operativo ano e medio despois do peche da oficina

Vanse facendo realidade os cambios da era dixital dos bancos. Ese cambios que provocan que as empresas financieiras poidan cambiar oficinas por caixeiros no rural, recibindo ademais subvencións públicas por manter este mísero servizo.

Así acontece xa en Dumbría. O peche da oficina do núcleo tivo lugar en agosto de 2020. Foi onte cando Abanca puxo en funcionamento o seu caixeiro, ubicado no local que a entidade bancaria posúe en Dumbría e que foi arrendado ao Concello de Dumbría para que a veciñanza poida dispoñer deste servizo.

O martes 26 de abril, en horario de 11:00 a 13:00 horas, terá lugar unha actividade formativa impartida por persoal de Abanca para asesorar sobre o uso do caixeiro ás persoas que así o precisen. A formación impartirase nas oficinas do mesmo edificio.

Novas relacionadas

Comentarios