Baio móvese "ao son delas"

Onte estreabase en Baio o programa Ao Son Delas posto en marcha polo IES Maximino Romero de Lema Un forte "Eeeeeeeeeeee" é un berro que serve tanto para avisar de que se aproxima a ola "mala" como para que un cento de estudantes unan as súas voces e demostren que hai algo que xa os está cambiando. E ese algo camiña da man de "Ao son delas"; un programa posto en marcha polo Instituto Romero de Lema de Baio e que se estreaba onte no auditorio do pavillón de Baio. Guadi Galego (mestra e cantante) e Carmen Lista (percebeira de Corme) foron as encargadas de abrir esta nova actividade. Contaron as súas experiencias que ainda que, nun principio, semellaban ser moi distintas resultaron ser paralelas. As dúas aman o mar, as dúas son auténticas "matriarcas do país dun tal Breogán" e as dúas souberon encher de emoción o auditorio. baiés. Despois de someterse ás preguntas de dúas promesas do xornalismo, chegou o broche do primeiro deste ciclo de conferencias na que as protagonistas son as mulleres. Guadi Galego e a súa banda ofreceron un concerto no que repasaron unha boa parte do seu repertorio axudados por un entregado coro. Deixaron ganas de máis. E ese máis promete... xa que entre o murmullo dos estudantes soaban nomes como Ses!
Novas relacionadas
- Guadi Galego abre o ciclo de encontros con mulleres relevantes que pon en marcha o alumnado do IES de Baio
- Unha nova falsa sobre o descubrimento dunha anticitera serve de base para unha curta dos Premios Fouciño
- Íntegro ensina ao alumnado do IES de Baio a previr as lesións medulares
- A Semana Cultural do IES de Baio: Moito máis que regueifa
- O alumnado de Baio enreguéifase.
- A regueifa sigue viva no IES de Baio
- Xabier Díaz: “A Costa da Morte é unha terra fértil en folclore”
- “As letras galegas xa non son se non hai Festiletras”
- O IES de Baio premiado por recuperar a paisaxe e os cultivos das Terras de Soneira
- O IES de Baio cumpe 20 anos
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- IES Maximino Romero de Lema