BaiON explica cun seminario como axudar a adaptarse á factura electrónica obrigatoria e ao sistema VeriFactu

Dende a asociación BaiOn anuncian a organización dun seminario práctico para autónomos, comerciantes e hosteleiros que se desenvolverá os días 22 e 30 de outubro ás 20:30 no Auditorio de Baio.
O obxectivo é explicar de forma clara e con exemplos reais as novidades das Leis 11/2021 e 18/2022, así como axudar a adaptarse á factura electrónica obrigatoria e ao sistema VeriFactu.
A actividade, de hora e media cada sesión, está deseñada cun enfoque moi práctico, con exemplos aplicados ao comercio e á hostalaría, e permitirá resolver dúbidas técnicas e legais nun ambiente próximo.
A participación ten un custo simbólico de 10 euros, e pode asistir calquera persoa interesada, independentemente de ser ou non membro da asociación.
Inscricións en https://forms.gle/