O Balonmán causou furor en Zas
07:09 27/05/24
Fermosa xornada de deporte na rúa a vivida este sábado e domingo na Praza Jorge Mira de Baio. A pista instalada pola Deputación e Federación Galega de Balonmán no marco destas Copas 5x5 de “Balonmán na Rúa” Deputación da Coruña foi todo un epicentro deportivo.
A vila zaseira sumouse a A Coruña, Negreira e Sada, municipios onde xa se celebrou neste 2024 a Copa 5x5 e aos lle seguirán: Oroso, Cedeira e Ribeira.
Un total de 18 equipos, 6 de Baio e Zas, pero tamén de Santa Comba, Cerceda, Abegondo, Culleredo,... das categorías alevín e benxamín, gozaron deste competitivo e san deporte.