Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Blues e motoserras para acompañar ás xornadas do Punto Rojo de Baio

Motoserras baio Zas
Blues e motoserras para acompañar ás xornadas do Punto Rojo de Baio

Baio celebra esta fin de semana as potentes xornadas do Punto Rojo. Unha cita comercial para disfrutar da vola do corazón da Costa da Morte cunha marea de rebaixas, tapas, actividades…

Para amenizar as xornadas o Concello ofrece un concerto na noite do venres. Ás 21:30h, o grupo "Blues do país" levará a sçúa música á Praza Jorge Mira Pérez de Baio.

Ademais o domingo haberá feira na praza Jorge Mira, outro dos reclamos da vila.

Motoserra en Brandomil

E de paso que imos por Baio, podemos facer parada en Brandomil, onde dende o venres ao domingo (en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas) haberá unha nova exhibición de talla con motoserra na área recreativa de Brandomil. Nesta ocasión, Marcos Mariño esculpirá en directo un guerreiro romano.

Máis info

Comentarios