Martes. 08.10.2024
El tiempo

Carballo e Zas súmanse á campaña "En negro contra a violencia"

Carballo e Zas súmanse á campaña "En negro contra a violencia"
en negro conta a violencia Onte presentouse en Santiago a campaña "En negro contra a violencia" Os concellos de Carballo e de Zas súmanse á campaña "En negro contra a violencia" impulsada pola concellería de Igualdade, Desenvolvmento Económico e Turismo do concello de Santiago de Compostela - dirixida por Marta Lois - coa que se pretende concienciar sobre a lacra das violencias machistas. Xunto con eles, participan tamén os concellos de A Coruña, Ames, Cangas, Ferrol, Lugo, Poio, Pontevedra, Ribadeo, Sada, Sarria, Teo, Tui e Vilalba. A cor negra e mensaxes contra a violencia serán os protagonistas durante o vindeiro mes dos escaparates, estantes de establecementos comerciais ou manequíns de tendas de roupa que se queiran adherir á inciativa que se enmarca dentro do día internacional contra a Violencia de Xénero, que terá lugar o 25 de novembro. Esta campaña púsoxe en marcha o ano pasado baixo o lema "Compostela en negro".  "O ano pasado conseguimos que máis de 200 establecementos se sumaran a esta iniciativa. Por iso e debido ao bo retorno que tivemos pensamos que era necesario compartir con outros concellos esta iniciativa e unirnos dende o eido municipal ante un problema que temos como sociedade, que non é outro que a violencia contra a muller" sinalou Marta Lois durante a presentación da campaña que tivo lugar onte en Compostela. manuel muinho en negro contra a violencia O alcalde de Zas, Manuel Muíño, asistiu á presentación da campaña "En negro contra a violencia" Na rolda estiveron presentes os e as representantes de sete dos 15 concellos que se sumaron á inciativa. Entre eles estivo o alcalde de Zas, Manuel Muiño, quen agradeceu "a oportunidade de participar nesta iniciativa, sobre todo tendo en conta que somos un concello rural de apenas 4.000 habitantes". O rexedor lembrou que "a lacra das violencias machistas existe tamén nos pequenos concellos aínda que estea dun xeito máis oculto; por iso é importante lanzar campañas coma esta que axuden a visibilizar esta lacra que sofren as mulleres e sufrimos toda a sociedade". cartel en negro contra a violencia Os establecementos colocarán nos seus espacaparates carteis con mensaxes contra a violencia machista Fonte

Comentarios