venres. 08.11.2024
El tiempo

As catas arqueolóxicas confirman a existencia dunha gran vía empedrada en Brandomil

Os resultados preliminares sinalan que pode ser unha vía romana ou polo menos moi antiga, que alcanza en certos tramos os 5 metros de ancho
catas arqueoloxicas Brandomil 1 copia
Imaxe das catas arqueolóxicas de Brandomil
As catas arqueolóxicas confirman a existencia dunha gran vía empedrada en Brandomil

Brandomil é unha das máis que mellor simbolizan a riqueza histórica da nosa comarca. A súa ponte altomedieval, así como a cantida de restos romanos atopados polo lugar, ou o castro que leva o nome da aldea, son claros exemplos da súa importancia no mundo da arqueoloxía en Galicia.

Durante moitos anos levan estudando a posible existencia dunha vía romana que pasaría por Brandomil, denominada Via XX per loca maritima no Itinerario de Antonino, que unía Braga con Lugo pola costa, até Brigantium (A Coruña).

De feito, a veciñanza leva recuperado o Camiño Xabobeo por Brandomil nos últimos anos, que se pode convertir nun novo dinamizador turístico da zona.

E toda esa historia parece que pode ser corroborada polas catas arqueolóxicas realizadas estas pasadas semanas, que veñén a confirmar a existencia dunha vía empedrada de gran tamaño pasando polo lugar. Unhas catas que promove o Concello de Zas a raíz de ver varias fotografías antigas e escotar o relato dos veciños máis maiores.

E así parece que o recoñece o arqueólogo que lidera a excavación, Lino Gorgoso, se ben deixa claro que os resultados deste estudo sobre a cronoloxía da vía aínda non son concluíntes. Explica, despois de atopar restos de 5 tramos do camiño, que se trata dun camiño realizado con lousas encastradas a modo de “chapacuña” e con superficie alombada no centro, chegando a zonas de 5 metros de ancho, que mesmo conta con verteaugas en cada un dos seus laterais.

Tamén atoparon tégulas romanas (tellas planas) sobre o lousado, parecen indicar a cronoloxía, pero aínda non hai pezas diagnósticas defintivas.

Ás obras achegáronse Alcalde do Concello de Zas, Manuel Muíño Espasandín, e Eugenio Rodríguez Puentes, Arqueólogo do Servizo de Arqueoloxía da Xunta de Galicia.

catas arqueoloxicas Brandomil 3 copia

Novas relacionadas

Comentarios