Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Os centros de ensino de Zas énchense de astronomía, poesía e violencia de xénero

Mulleres Visibles no IES de Baio
A Asociación Mulleres Visibles no IES de Baio
Os centros de ensino de Zas énchense de astronomía, poesía e violencia de xénero

Fantásticas iniciativas as que se desenvolven estas semanas nos centros de ensino de Baio e Zas. Varias exposicións e charlas completan a formación ordinaria do alumnado dos centros gracias a implicación do profesorado e a colaboración municipal.

O Concello de Zas leva a mostra de Labarta Pose aos centros educativos

Inauguracion-exposicion-labarta-pose7O Alcalde, Manuel Muíño; a Concelleira de Educación, Pilar García; e a Directora do centro, Sinda Cundíns inauguraron a mostra

Despois do seu paso polo Paseo Fluvial de Baio, hoxe chegou ao colexio de educación primaria da vila a exposición sobre a figura de Labarta Pose, promovida polo Concello de Zas. Deste xeito, nos próximos días todo o alumnado do CEIP Labarta Pose visitará a exposición e traballarán sobre ela.

Nos vindeiros meses a mostra de Labarta Pose continuará viaxando polos centros educativos do municipio co fin de divulgar a figura e o traballo dun dos persoeiros máis ilustres do noso municipio. As seguintes paradas son o IES Maximino Romero de Lema e logo irá para o CPI de Zas. “Unha vez que a mostra acabe o percorrido polos centros educativos continuará a súa viaxe por outros colexios que xa a solicitaron”, explicou Manuel Muíño durante a presentación.

Mentres a Comisión Labarta Pose segue traballando na concesión do Día das Letras Galegas ao escritor baiés.

Visibilizando mulleres cientícas

EXPOSICIÓN no IES de Baio

Mentres o IES Maximino Romero de Lema está inmerso nun novembro dedicado á loita contra Violencia de Xénero. Do 2 ao 12 de novembro acollen a exposición, recentemente estreada no Pazo de Fonseca en Santago, AstrónomAs, centrada nas mulleres que dedicaron a súa vida ao estudo da Astronomía e que poderá visitar quen o desexe durante o horario lectvoo A mostra é herdeira da exposición Con A de astrónomas e dispón dun espazo web con información de 270 astrónomas e as súas áreas de investgacióno Ademais da información de cada unha das astrónomas, AstrónomAs acompáñase con diversos materiais que inclúen unha contextualización da astronomía con outras ciencias, a súa relación co cine, a literatura ou a arte, cadernos pedagóxicos que se poden descargar, xogos interactvos, podcast e vídeoso Todo isto arroupado por unha banda sonora orixinal composta por Paula Espinosao Como complemento da exposición a comisaria da mostra, a profesora Joseína F. Ling visitará o centro o venres 12 para impartr a charla Astronomía e mulleres ao alumnado de 4º ESO. Tamén dende o Club de Ciencia desenvolveranse numerosas actvidades relacionadas coa mostra como a aprendizaxe do uso do telescopio ou dun planisferio, a realización dunha observación solar no pato, coñecer o rango espectral e a difracción da luz ou a charla Astronomía en España impartda polo profesor Vitor Tilveo.

25N

Ademais, o centro baiés acolleu tamén un obradoiro da man de Olalla Trigo da Asociación Visibles. “Mulleres visibles. Violencias machistas” traballa na prevención, identificación e sensibilización das diferentes formas de violencia de xénero.

Novas relacionadas

Comentarios