Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Baio reivindica a candidatura de Labarta Pose para o Día das Letras Galegas

inauguracion-mostra-labarta-pose
Lolo Muíño, Jorge Mira e Xosé Regueira durante a presentación da exposición ao aire libre
Baio reivindica a candidatura de Labarta Pose para o Día das Letras Galegas

Coincidindo co 158 aniversario do seu nacemento, esta pasada fin de semana inaugurouse no Paseo Fluvial de Baio unha exposición ao aire libre sobre a figura de Enrique Labarta Pose. Unha mostra para achegarnos máis a esta singular figura do escritor e xornalista baiés (Baio 1863- Barcelona 1925), unha figura que merece recoñecemento a nivel galego.

Así o deixo claro Jorge Mira, lembrando que Zas leva 20 anos reivindicando a concesión do Día das Letras Galegas ó escritor baiés: “Labarta Pose é o gran candidato da Costa da Morte ás Letras Galegas”, sinalou. Apuntou a cantidade de accións realizadas pola Comisión Labarta Pose que está integrada por varias asociacións da vila.

A mostra está composta por 6 paneis con fotografías históricas e con textos explicativos sobre a vida e obra do escritor baiés. Para a súa realización contouse coa colaboración de moitas persoas e institucións relacionadas dalgunha forma con Labarta Pose. Para Xosé Regueira, Vicepresidente da Deputación da Coruña, esta é unha reivindicación á que debe de sumarse toda a Costa da Morte por ser Labarta Pose unha das figuras literarias máis relevantes da zona.

“Oxalá que algún día se faga xustiza e teña por fin o seu día das Letras Galegas”, sinalou Xosé Regueira, Vicepresidente da Deputación da Coruña. “A cultura debe estar ao alcance de todas e todos polo que decidimos ubicar aquí esta mostra para que toda a veciñanza teña acceso a ela”, sinalou o alcalde Lolo Muíño.

inauguracion-mostra-labarta-pose4

A mostra, que estará ata o 31 de agosto, está composta por seis paneis con fotografías históricas e con textos explicativos sobre a vida e obra do escritor baiés.Colaboraron na edición da mostra persoas como Jorge Lens (autor da tese de doutoramento “Los orígenes de la fotografía publicitaria en Galicia: Análisis de muestras y catalogación documental”), Milagros Bara (xornalista no Diario de Pontevedra), Sinda Cundíns (directora do CEIP Labarta Pose de Baio), Marisa Roel (unha das primeiras mestras do CEIP Labarta Pose), Museo Provincial de Pontevedra, Biblioteca Provincial de Pontevedra, Arquivo Provincial de Pontevedra, Galiciana-Biblioteca de Galicia, o Arquivo Municipal do Concello de Pontevedra, o Arzebispado de Santiago de Compostela, a Familia Casa Ovidio de Baio, Alberto Villar, Carlos Castelao (autor de “Los orígenes de la fotografía en Galicia” ou o propio Jorge Mira Pérez.

Novas relacionadas

Comentarios