Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Enrique Labarta Pose, unha das primeiras fotografías impresas da historia en Galicia

Enrique Labarta Pose, unha das primeiras fotografías impresas da historia en Galicia
Enrique Labarta Pose no primeiro número da revista Extracto de Literatura, do 7 de xaneiro de 1893, na que pasa por ser a primera foto impresa na historia de Galicia Enrique Labarta Pose no primeiro número da revista Extracto de Literatura, do 7 de xaneiro de 1893, na que pasa por ser a primera foto impresa na historia de Galicia

Con orgullo descubrimos estes días que unha das primeiras fotos impresas en Galicia, é esta do escritor e xornalista baiés Enrique Labarta Pose (Baio 1863- Barcelona 1925). El mesmo, como editor, chantaba o seu retrato no semanario “Extracto de Literatura” un 7 xaneiro de 1893, nunha foto de Francisco Zagala.
Unha fotografía que está entres primeiras pois "Extracto de Literatura" foi a primeira revista galega en publicar fotos impresas, pero iso non corresponde, anteriormente houbo algunha outra presencia de fotos impresas a través de algún álbum fotográfico que se editou nas principais cidades galegas. En concreto, "a foto impresa en Galicia máis antiga corresponde ao Álbum "Recuerdo de Pontevedra", unha publicación de 1883 onde aparecían en formato acordeón unha serie de vistas da cidade de Pontevedra feitas polo mesmo fotógrafo que facía as fotos de Extracto de Literatura Francisco, Zagala. Ademáis, posteriormente, no ano 1890 aparece tamén outra foto impresa nun libro ensaio dedicado á figura do xeneral británico Moore, enterrado na cidade da Coruña, El Sepulcro de Moore".

Así nolo conta o fotógrafo vigués Jorge Lens, que recuperaba estes días parte da súa tese de doutoramento na Universidade de Vigo “En los Albores de la persuasión. Fotografía publicitaria y detonación ene el primer tercio del siglo XX: El caso gallego”. Segundo nos conta, a súa intención era “indagar nos orixes e nas primeiras manifestacións da fotografía publicitaria en Galicia xa que a investigación xenérica sobre a fotografía impresa en Galicia xa estaba feito por outros investigadores como Manuel Sendón”, outro fotógrafo moi vinculado á nosa bisbarra.

Investigando, Lens chegou á figura do baiés, hoxe recoñecido na súa vila protagonizando o nome do CEIP. Labarta Pose foi o director de Extracto de Literatura (1893), a primeira revista galega que publicou fotografías. E precisamente, “nese primeiro número do 7 de xaneiro, a única foto que aparece na revista é un retrato do propio Labarta Pose que acompaña a uns versos da súa autoría”, explícanos.

Con estes versos Labarta Pose realizaba a presentación da sección, xustificando así a súa propia presencia na portada:

De gallegos notables la galería,
inaugura mi propia fisonomía.
¿Quién vá á alabar á todos, no es
antes justo Que se alabe á si mismo por darse gusto
Soy pobre, soy poeta, soy laborioso,
Un poquito moreno pero gracioso.
Un chico, en fin, modesto, de muy buen trato,
Y es mi virtud más grande, no ser ingrato;
Que empleado en el ramo de nuestra Hacienda,
Pienso darle las gracias a quien me ascienda.
Si mis prendas os abren el apetito.
Y os agrada lectoras este palmito,
Venid, niñas, sin miedo, que no hay cuidado;
Pero antes os prevengo...que estoy casado.

 

”A presenza de fotografías en Extracto de Literatura reduciuse a unha soa imaxe en cada un dos números editados. Con todo, o espazo destinado para o seu publicación -sempre na portada do semanario, acompanñando aos versos que o propio director, Enrique Labarta dedicaba a algún personaxe da época nos dá unha idea da importancia que os editores concederon ao testemuño fotográfico. Este esquema mantívose ata a pechadura da publicación acaecida no mes de novembro de 1893, cando a revista levaba 43 números editados”, conta Lens na súa tese.

Así, a revista serviu para coñecermos un pouco máis o sentido satítico do xornalista costeiro. Ese carácter irónico fíxose evidente no último número, cando xa sabía da inviabilidade empresarial do proxecto editoria. “A modo de guño humorístico cara aos seus lectores, Enrique Labarta publicou na súa sección habitual na portada da revista unha serie de versos que constituíron un auténtico epitafio dedicado ao semanario. O realmente importante é que o fixo, ademais, introducindo un elemento innovador que deixou patente non só o carácter creativo do director senón tamén o seu carácter visionario en canto á concepción fotográfica. O retrato de Labarta que acompañaba ao poema estaba colocado de forma investida, coa cabeza cara abaixo, representando así a debacle da revista á vez que inauguraba unha nova forma de entender a mensaxe fotográfico. A ironía que traslucía o escrito - cuxos versos facían referencia á orientación inusual da súa retrato e o que iso representaba- fíxose patente en cada unha das liñas”, recolle Lens:

Enrique Labarta Pose no ultimo numero de Extracto de Literatura Enrique Labarta Pose no último numero de Extracto de Literatura demostrando o seu carácter satírico

Yo inauguré el Extracto con desparpajo
Poniendo mi figura patas abajo;
Pero hoy que la fortuna se muestra esquiva,
Procede que lo ponga...¡patas arriba!
Existen ciudadanos supersticiosos
Que en busca de la suerte corriendo ansiosos,
Juzgan que han de lograrse todos sus fines
Si al revés se colocan los calcetines.
Supongo por lo tanto de buen agüero
Al revés colocarme de cuerpo entero.
Mas ¡ay! no nos inflemos de brujerías
Y hagamos solo caso de alegorías;
Pues ésta del Extracto, señores, reza
Que empresa y empresario...¡van de cabeza

 

”En definitiva, o mérito principal de Extracto de Literatura -personificado na figura do seu director Enrique Labarta- foi o feito de incorporar por vez primeira unha imaxe fotográfica nunha revista ilustrada galega. Con todo, á marxe deste dato de trascendental importancia, o semanario constituiu unha notable mostra do xornalismo galego dos últimos anos do século XIX”, recoñece Lens na tese.

Labarta Pose, na Galicia Moderna

”A importancia de Labarta Pose neste terreo non remata aí”, continúa Lens, “xa que no seu seguinte proxecto editorial, a revista Galicia Moderna (1897), aparecen as primeiras fotografías publicitarias das que teño constancia, xa que ata o momento os anuncios impresos empregaban o dibuxo ou a ilustración”.

E para os máis curioso, nunha páxina de coleccionistas podes atopar a revista quincenal "Galicia Moderna" completa e ilustrada nun libro por 440€.

 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios