Charlas de concienciación da importancia da Alimentación Saudables nos centros de Ensino para as familias de Baio e Cabana

Pratos do Comedor do CEIP Os Muinos
  • En paralelo continúa desenvolvéndose o proxecto dos Ecocomedores Ecolóxicos do GDR que une centros de ensino e produtores locais

Este mes de maio, Sandra Varela, a cociñeira do CEIP Os Muíños e membro da rede Red Chef 2030, vai desenvolver un par de charlas en Baio e Cabana sobre a importancia da Alimentación Saudable. A través do Centro de Formación e Recursos da Coruña (CFR) a pontecesá quere chegar directamente ás familias para sensibilizar ás ANPAS, ás familias e tamén aos centros de ensino

Leva máis de dous meses preparando estas sesións con xentes de Aragón, e varias ONGs como Xustiza Alimentaria, para estas sesións, que se repetirán o ano que vén pola comarca.

”Ademais de sensibilizar aos cociñeiros, consideramos fundamental que as familias saiban e poidan valorar a alimentación nas casas e nos centros escolares”, explícanos a cociñeira.

As citas serán este xoves 12 de maio ás 19:00h no CEIP Labarta Pose de Baio, e o venres 27 de maio ás 19:00h no Salón de Actos de CPI As Revoltas de Cabana.

Proxecto Ecocomedores de Colexios e Produtores Locais

En paralelo segue desenvolvéndose o proxecto dos Ecocomedores Escolares a través do GDR Costa da Morte. Tras dous anos de parón evidente, retomaron en febreiro as sesións online cada 15 días, e están definindo que centros da comarca se implican.

Cóntanos Sandra que polo de agora son 7 os centros participantes, uns gracias á implicación da cociña, outros da ANPAS, outros da dirección… Agora toca quedar cos produtores, ver a que se compromete cada centro para formular as plantacións de cara ao curso que vén.

Ademais, queda pendente unha reunión presencial con Menjadors Ecologics para presentar o esquema de circuito corto e pechar a previsión do curso que vén.

Novas relacionadas