Luns. 03.08.2020
El tiempo

O do CEIP Os Muíños, un dos catros Comedores Escolares de Km.0 de Galicia

A cociñeira do CEIP OS Muíños, Sandra Varela, coa axudante de cociña, Asunción Mosqueira
A cociñeira do CEIP OS Muíños, Sandra Varela, coa axudante de cociña, Asunción Mosqueira
O do CEIP Os Muíños, un dos catros Comedores Escolares de Km.0 de Galicia

O pasado mes de marzo coñecíamos que o Comedor do CEIP Os Muíños recibía o selo SlowFood. Unha caificación que demostra que na comarca tamén estamos na vangarda en materia gastronómica, e que deixa claro que outra alimentación é posible. Por moito que algúns pais se queixen de que os seus [email protected] volven con fame, non deberían tardar en decatarse a importancia que ten que aprendan a comer de todo, ademais de valorar os beneficios dunha dieta equilibrada.

Esta semana, o selo SlowFood Compostela vén de facer unha reseña do centro muxián, destacando a labor da cociñeira Sandra Varela Amado. Despois de 10 anos, esta pontecesá de Balarés, decidiuse a facer algo diferente, e son xa tres anos ofrecendo comida saudable e apostando polos produtos de aquí, e evitando sacar bolsas de croquetas do conxelador.

Fíxoo despois de analizar as grandes deficiencias que hai na alimentación dos nosos cativos: exceso de proteínas, de fritos, de conxelados e escaseza de verduras, sobre todo frescas. O fundamental apoio da comunidade educativa permitiulle ir eliminando azucres ocultos, botes, conservas, conxelados… aumentar o consumo de verdura de 20 gr a 100 gr eliminando a proteína do primeiro prato, así como ir elaborando fichas técnicas de cada prato para poder levar un control nutricional.

No seu obxectivo é consumir produto de km.0 e ecolóxico. Por agora, vai polo camiño, e quere espallar a semente da man do GDR. Por iso, esperamos que o proxecto de Ecocomedores Escolares promovido dende o GDR, que propçon tecer lazos entre produtores locais e comedores escolares da comarca, non sucumba á crise e volva con máis forza o vindeiro curso.

Novas relacionadas

comentarios