Venres. 19.04.2024
El tiempo

Produtores e comedores escolares volven unir camiños

Tomates de proximidade nos Ecocomedores
É posible conseguir tomates de proximidade para os comedores escolares
Produtores e comedores escolares volven unir camiños

Despois dun ano no que a pandemia paralizou todo, a Costa da Morte recupera un dos seus proxectos máis bonitos e integradores: os EcoComedores Escolares. Ese proxecto que, a través do GDR, trata de poñer en común produtores locais cos comedores escolares que aínda teñen cociña propia e non dependen de catering, como acontece na meirande parte dos centros educativos urbanos.

Agora, tralas primeiras postas en común do pasado 2019, retómase de forma presencial no marco das “Xornadas de Promoción e sensibilización, menús de temporada para comedores escolares e sostibles con circuitos curtods de comercialización”.

A xuntanza será o 20 de outubro ás 17:00h no Centro Sociocultural de Baio, e están invitados tod@s os produtores da volta así como todos os centros de ensino. Poden confirmar asistencia en [email protected] antes do 30 de setembro.

Non faltará Sandra Varela, a representante galega da “Red Chef 2030” que consegue que o do CEIP Os Muíños sexa un dos catros Comedores Escolares de Km.0 de Galicia. Precisamente Varela volverá de pasar uns días en Barcelona, nun encontro da RedChef2030, no que cociñeir@s de varias comunidades van elaborar un menú baseado en produtos ecolóxicos para 300 persoas, que poida servir de exemplo para os coles do estado.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios