Charlas de concienciación da importancia da Alimentación Saudables nos centros de Ensino para as familias de Baio e Cabana
- En paralelo continúa desenvolvéndose o proxecto dos Ecocomedores Ecolóxicos do GDR que une centros de ensino e produtores locais

Este mes de maio, Sandra Varela, a cociñeira do CEIP Os Muíños e membro da rede Red Chef 2030, vai desenvolver un par de charlas en Baio e Cabana sobre a importancia da Alimentación Saudable. A través do Centro de Formación e Recursos da Coruña (CFR) a pontecesá quere chegar directamente ás familias para sensibilizar ás ANPAS, ás familias e tamén aos centros de ensino
Leva máis de dous meses preparando estas sesións con xentes de Aragón, e varias ONGs como Xustiza Alimentaria, para estas sesións, que se repetirán o ano que vén pola comarca.
”Ademais de sensibilizar aos cociñeiros, consideramos fundamental que as familias saiban e poidan valorar a alimentación nas casas e nos centros escolares”, explícanos a cociñeira.
As citas serán este xoves 12 de maio ás 19:00h no CEIP Labarta Pose de Baio, e o venres 27 de maio ás 19:00h no Salón de Actos de CPI As Revoltas de Cabana.
Proxecto Ecocomedores de Colexios e Produtores Locais
En paralelo segue desenvolvéndose o proxecto dos Ecocomedores Escolares a través do GDR Costa da Morte. Tras dous anos de parón evidente, retomaron en febreiro as sesións online cada 15 días, e están definindo que centros da comarca se implican.
Cóntanos Sandra que polo de agora son 7 os centros participantes, uns gracias á implicación da cociña, outros da ANPAS, outros da dirección… Agora toca quedar cos produtores, ver a que se compromete cada centro para formular as plantacións de cara ao curso que vén.
Ademais, queda pendente unha reunión presencial con Menjadors Ecologics para presentar o esquema de circuito corto e pechar a previsión do curso que vén.
Novas relacionadas
- Outubro 21: Produtores locais e colexios volver unir camiños arredor do proxecto Ecocomedores Escolares.
- Outubro 21: Sandra Varela, a cociñeira do CEIP Os Muíños, participou en Barcelona nas Red Chef 2030
- Setembro 21: Produtores e comedores escolares volven unir camiños.
- Xullo 2020: O do CEIP Os Muíños, un dos catros Comedores Escolares de Km.0 de Galicia.
- Marzo 2020: O Comedor do CEIP Os Muíños recibe o selo SlowFood.
- Febreiro 2020: O comedor do CEIP Os Muíños: Tres anos ofrecendo comida saudable e apostando polos produtos de aquí.
- Febreiro 20: Produtores locais e centros de ensino unen lazos para crear Ecocomedores escolares
- Xaneiro 20: “É un crime que esteamos abrindo croquetas conxeladas nos comedores escolares”
- Xaneiro 2020: O proxecto de Ecocomedores Escolares resolve dúbidas dos representantes dos centros