Mércores. 03.06.2020
El tiempo

O proxecto de Ecocomedores Escolares resolve dúbidas dos representantes dos centros

Sandra Varela guiou a reunión do proxecto dos Ecocomedores en Vimianzo.
Sandra Varela guiou a reunión do proxecto dos Ecocomedores en Vimianzo.
O proxecto de Ecocomedores Escolares resolve dúbidas dos representantes dos centros

Segue medrando o proxecto dos Ecocomedores Escolares na Costa da Morte, que nace dende as cociñas da comarca, pero que conta co apoio do GDR Costa da Morte. O pasado venres tiña lugar unha nova reunión en Vimianzo na que participaron unha ducia de representantes de centros de ensino interesados en adherirse á esta iniciativa. Unha proposta para mellorar a comida [email protected] [email protected] [email protected], aproveitando a calidade gastronómica da nosa comarca, fomentando o uso de produtos de km.0 e de temporada, e fomentando a creación dun menú saudable común.

Esta reunión, promovida por unha das impulsoras, a pontecesá Sandra Varela, cociñeira no CEIP Os Muíños, serve para ir saldando dúbidas e ir presentando os avances. Varela amosou as fichas técnicas que ten realizado de moitos pratos para o menú e “as vantaxes son moitísimas en aforro, facilidade de traballo e control de materias”, explica. Aproveitou para debullar a experiencia que levan, despois de 3 anos, no centro muxián, e os cambios positivos que levan acadado.

Foron moitas as dúbidas suscitadas, sobre todo como aceptan os nenos (e os pais) ese cambio. E sendo conscientes de que “non vai ser fácil”, a iniciativa é ben fermosa.

O “circuito corto”

O “circuito curto”, é dicir, consumir produtos de km.0, de proximidade, fomentando ademais a produción ecolóxica na comarca e animando a produtores locais a facer máis cousas, é unha das ideas que mellor cala.

Pero Varela, sinala que “traballar en común pais-direccións-productores-comedores, aínda que moitas veces non sexa fácil, é o ideal. Así como a idea de que o comedor forme parte do programa educativo do cole, e non un servizo aparte”.

Desta volta presentes representantes das ANPAS, DIrección ou cociñas de Zas, Laxe, A Picota, Ponteceso, Baio; Cabana, Dumbría, Coristanco e Os Muíños, e o proxecto segue aberto aos 22 centros de ensino da comarca, dende Laracha ata Muros.

Novas relacionadas

comentarios