Venres. 29.03.2024
El tiempo

Chega a terceira edición do concurso de PanxoliñaZas

Chega a terceira edición do concurso de PanxoliñaZas
Xa está aquí a terceira edición do concurso de Nadal PanxoliñaZAS organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do concello de Zas.  Trátase dun concurso de vídeos de panxoliñas, vilancicos tradicionais, cantos de Aninovo e Reis dirixido á veciñanza de Zas, sen límite de idade e no cal se poderá participar de xeito individual ou en grupo. O prazo de presentación dos vídeos acaba o día 21 de decembro, e despois serán pendurados no Facebook do Concello de Zas onde se poderá votar polos que máis nos gusten outorgándolles un “Gústame”. Premios Haberá un premio ao vídeo máis popular en Facebook e outros premios do xurado (premio á mellor presentación e posta en escea, premio ao vídeo que conte con máis fidelidade á tradición galega e premio ao mellor vídeo infantil) que consistirán nun diploma de recoñecemento e mais vales de 100 euros para gastar en locais comerciais do concello. Esta é unha actividade que ten como obxectivo fomentar o uso da lingua galega na sociedade en situacións informais e festivas ou lúdicas da veciñanza en xeral. Ademais, procura potenciar o desenvolvemento da creatividade, fomento do uso das Tic, traballo en equipo e bo aproveitamento do tempo de lecer de xeito saudábel, ademais de recuperar panxoliñas, vilancicos tradicionais, cantos de Aninovo e Reis que se cantaban nesta zona e que aínda se continúa a facer pero que corren o risco de desaparecer co paso do tempo. Novas relacionadas Fonte

Comentarios