xoves. 01.05.2025
El tiempo

Chega a Zas a súa semana máis cultural

Chega a Zas a súa semana máis cultural
  Coa Festa da Carballeira de Zas chega a Semana Cultural organizada polo concello de Zas. Unha semana cargada de actividades que xa arrancan o vindeiro domingo, 30 de xullo coa proxección da curtametraxe “Vida” e co documental “Máis ca vida” de Rubén Riós no auditorio do concello ás 21 horas. Ao longo de toda a semana, ofertaráse unha gran variedade de actividades dirixidas a todos os públicos, tales como obradoiros infantís sobre a elaboración de xabón tradicional ou a encadernación japonesa; curso de iniciación ao baile tradicional impartido polo grupo de baile Churía da asociación cultural Castro-Meda de Zas; monólogos; contacontos, teatro ou visitas guiadas ao patrimonio do municipio. Nalgunha destas actividades, a inscrición é obrigatoria xa que hai prazas limitadas. O programa cultural pecha o día 6 cunha Noite de Cine co filme “El Desconocido” que se proxectará ás 22 horas na praza do Concello de Zas. Programa da Semana Cultural de Zas 2017

Festa da Carballeira 2017

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Zas

Comentarios