Mércores. 27.10.2021
El tiempo

A ciencia expándese entre as partículas do IES de Baio

Artomos no IES de Baio
A ciencia expándese entre as partículas do IES de Baio

Arrincou esta semana Club de Ciencias do IES Maximino Romero de Lema de Baio con dúas charlas divulgativas que resultaron de gran interese para o alumnado.

O alumnado de 2º de Bacharelato tivo a oportunidade de escoitar a Javier Martín coa ponencia Caendo no buraco negro que tiña como obxectivo dar a coñecer a física de partículas e os buracos negros. Relatou a importancia de atopar os ladrillos universais do Universo, lembrando as achegas á Ciencia desde Empédocles, Demócrito, Dalton, sen esquecer a Mendeleiev (a súa lei periódica e visión do futuro predicindo a existencia de elementos posteriormente descubertos).

O alumnado puido meterse dentro dunha das partículas que forman o átomo empezando polo protón ata chegar aos quarks, bosóns.... Martín falou tamén de como do LHC se poden obter as pezas fundamentais coas que se constrúen os átomos. E rematou reflexionando sobre buracos negros.

Charla Ciencia IES Baio

Pola súa banda, o físico investigador tamén do IGFAE e recoñecido poeta lusófono, Alexandre Brea achegou ao alumnado de 1º de Bacharelato a oportunidade de descubrir que é iso da Física de partículas, como busca dar respostas a cuestións coma a do nacemento do Universo, a da materia que compón as estrelas e os planetas ou que sabemos da materia e da antimateria, por poñer algúns exemplos. Ademais o físico compartiu con nós á súa experiencia no CERN: que era, as liñas de traballo...

comentarios