Venres. 26.04.2024
El tiempo

O CIM de Zas atendeu máis de 650 mulleres no 2021, o doble que no 2020

folletos_cim
O CIM de Zas atendeu máis de 650 mulleres no 2021, o doble que no 2020

A afectación da pandemia en termos psicolóxicos e de violencia de xénero aínda está por estudiar. Pero estas análises que nos lanzan dende o Centro de Información á Muller - CIM - do Concello de Zas dan conta da incidencia. Falabamos precisamente coas profesionais do Centro hai xusto un ano, e xa incidían na cantidade de casos de atención psicolóxica que recibiron tralo confinamento de 2020, pero os datos do 2021 son aínda máis graves.

De feito, a atención psicolóxica, coa xurídica (en canto a separacións, divorcios,…), foron dous dos servizos máis demandados das 665 consultas recibidas, o doble das que realizaran o ano anterior. Arredor de 225 consultas estaban enfocadas a estas dúas problemáticas.

Poñendo o foco nas cifras, atendéronse 31 consultas de vítimas de violencia de xénero; un dato que pon de manifesto a grave situación á que se enfronta a muller rural galega.

Outras 43 mulleres solicitaron información sobre diferentes recursos; 132 sobre cuestións máis xenéricas e 5 sobre temas realacionados co emprego.

Actividades

Ademais da atención dos casos, dende o CIM de Zas póñense en marcha diferentes actividades encamiñadas a promover a igualdade e a loitar contra a violencia machista. Ademais do 8 de marzo e o 25N, un dos programas de maior éxito e que ten continuidade durante todo o ano son as actividades para adultos que se realizan nas diferentes parroquias do Concello de Zas e entre as que se inclúen a ximnasia terapéutica e de mantemento, pilates e ioga, zumba, manualidades, cesteiría, bordado e diferentes obradoiros. Ao longo do 2021 un total de 248 persoas, na súa gran maioría mulleres do municipio zaseiro, participaron nestas actividades.

O CIM de Zas

CIM De Zas

O Centro de Información á Muller do Concello de Zas é un servizo gratuíto que atende as demandas das mulleres e persoas do colectivo LGTBI de forma personalizada e confidencial. Leva en funcionamento dende o 2001, sendo un dos primeiros de toda a Costa da Morte, e presta asesoramento non só a mulleres e a vítimas de violencia de xénero do municipio de Zas se non que tamén a mulleres procedentes dos concellos limítrofes entre os que destacan Vimianzo, Cabana, Laxe e Ponteceso. Dende o 2014 rexístranse o número de casos e consultas atendidas e que desde ese momento suman máis de 4.400.

O CIM está ubicado no antigo edificio da Cámara Agraria de Zas que está situado na travesía de Santiago, nº 40. Este é un servizo cofinanciado con fondos municipais e a través do cal o Concello de Zas traballa todo o ano a prol da igualdade e na erradicación da violencia contra as mulleres. As persoas que o necesiten poden poñerse en contacto co persoal do centro a través do número de teléfono 981 70 83 03 en horario de luns a venres de 08:00 a 15:00 horas.

Novas relacionadas

Comentarios