Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O CIM de Zas publica unha revista feminista coa colaboración do alumando

revista-ELAS-CIM-Zas
O CIM de Zas publica unha revista feminista coa colaboración do alumando

ELAS é o nome da publicación feminista que vén de realizar o CIM de Zas e que xa se pode descargar na páxina web do Concello de Zas. O Centro de Información á Muller vén de publicar esta revista dixital feminista para a que contou coa colaboración do alumnado do CPI de Zas, do CEIP Labarta Pose e do IES Maximino Romero de Lema, no marco dunha actividade promovida polo Concello de Zas a través da súa Concellerías de Muller, Xuventude e Igualdade dirixida por Patricia Fariña.

”ELAS xorde co propósito de visibilizar o papel das mulleres en diferentes ámbitos e ofrecer así referentes femininos nas aulas”, explican. Precisamente esta é unha das principais reivindicacións da coeducación; unha corrente educativa que ten como obxectivo promover unha educación libre de estereotipos de xénero.

A revista recolle pois diversos artigos realizados pola mocidade do concello, poñendo o foco sobre a historia de Isabel Zendal ou de Frida Khalo, pero tamén sobre a realidade actual, convertindo de novo en protagonista a Rebeca Facal, a presidenta do CD Baio. Hai entrevistas interesantísimas como a da poeta afrogalega Artemisa Semedo, a artista dixital Laura Movilla, ou a psicóloga Teresa Vilanova.

Ademáis de tela en dixital, no CIM de Zas e nas dúas bibliotecas municipais estarán a disposición de todas e todos os usuarios un exemplar físico para a súa consulta.

Novas relacionadas

Comentarios