Domingo. 09.08.2020
El tiempo

Cita coa orientación universitaria nos #DirectosQPC

Cita coa orientación universitaria nos #DirectosQPC

Comezamos hoxe, mércores, nos #DirectosQPC (ás 15:00h a través do Facebook Live de Quepasanacosta) unha serie de Faladoiros coa xente do IES Maximino Romero de Lema de Baio, arredor do seu proxecto educativo en tempos de crise. Unha proposta que nace despois da celebración online da festa dos 100 anos de Baio, cifra que sumaban os 25 anos do centro, cos 35 de Badius Teatro e os 40 da Asociación Cultural Adro, coa intención de que quede algún pouco de toda esa serie de actividades presenciais que non se van poder celebrar.

Faremos algunha sesión con personalidades que teñen pasado polo centro baiés para que compartan as súas impresións, pero hoxe comezamos cunha sesión de orientación de cara a ese alumnado de Baio, e de toda a comarca, que afronta a “Selectividade” máis estrana da historia, para despois escoller as súas carreiras universitarias.

Interacción polas redes

Ao outro lado da pantalla, e do guión da redacción está o activo alumnado de Xestión Cultural e Imaxe e Son do Centro, que tamén interactuarña enviando as suas vosas preguntas a través do Facebook Live de Quepasanacosta, para poder trasladarllas as nosas invitadas.

Unha interacción que esperamos abrir a todos os [email protected] de 2º de Bacharelato da comarca.

Desenvolvemento

Teremos con nós Judith Carbajo, mestra do centro, que nos vai axudar na mediación, e que tamén ten unha serie de preguntas coordinadas co seu alumnado de 2º Bacharelato.

Pasarán polo Zoom Atenea María Senande Costa, que cursa o Grao de Economía na Universidade de Santiago de Compostela; Eloy Silvariño, que está estudando Enxeñaría en Organización Industrial ademais de formarse para ser Tenente da Garda Civil; Xandro Calvo Rojo, que fai Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural; e Mar Torrado, que estuda Terapia Ocupacional na Universidade da Coruña.

Novas relacionadas

comentarios