Venres. 26.04.2024
El tiempo

Comision festas Baio: "A procesión de coches de san Cristóbal de Baio ten máis de 75 anos de historia"

Comision festas Baio: "A procesión de coches de san Cristóbal de Baio ten máis de 75 anos de historia"
comision-festas-baio Andrés do Chamberín, Jacob Sánchez, Martín MC, Ramón Reymúndez, Eloy Lema e Manuel Espasandín son os membros da comisión de festas de Baio Baio xa está preparado para vivir dous días de festas na honra de san Cristóbal; dous días cargados de festa que son posibles grazas a unha xove e dinámica comisión formada por un grupo de mozos e mozas da vila. Ademais, a música chega xa este sábado a Baio co festival que se enmarca dentro do certame dos Premios Fouciño e no que actuarán os novos regueifeiros de Baio, Oîma, Leo I Arremecághona, Atrás Tigre, Mounolious DOP e The Fakes. Falamos coa comisión de festas de Baio para que nos debullen o mellor destas celebracións. O próximo luns, día 10, celebramos as festas na honra de san Cristóbal e a encargada de amenizar a sesión vermú será unha das mellores do momento para tal fin que é a orquesta Palladium. Pola noite compartirá escenaio coa formación canaria Grupo Bomba. O segundo día das festas, que será o martes 11 na honra de Santa Bárbara, actuará ao mediodía Samba que á noite estará acompañada pola gran orquesta Olympus.
  • QPC: A procesión de coches de Baio é unha das de maior tradición da zona. Como vai ser a "ITV espiritual" deste ano?
A procesión de coches de Baio ten máis de 75 anos de historia. Este ano sairá dende a igrexa vella ao redor das 13 horas - xuntos despois da misa solemne que será alí ás 12 -. A procesión percorrerá as principais vías de Baio e, como vén sendo habitual, o cura estará no cruce da ponte de Baio para bendecir os coches. A nosa ITV particular é premiar aos tres vehículos mellor engalanados e tamén haberá un galardón especial para vehículos de dúas rodas.
  • QPC: Hai moita tradición en Baio de adornar os coches para a procesión?
Sí, sempre foi unha costume entre os veciños de acudir á procesión de San Cristóbal co coche engalanado. Para nós é unha satisfacción ver ese día os coches, motos e bicicletas decorados e dalgunha maneira queremos recompensar ese traballo con premios. Gustaríanos manter viva esta tradición e intentar que vaia a máis. 
  • QPC: Quen será o pregoeiro das festas de san Cristóbal de Baio?
Este ano temos a unha persoa moi especial para Baio e que é un referente para todos nós. O encargado de ler o pregón será José Elías, tamén coñecido como Elías da Farmacia. Acaba de xubilarse despois de estar dende moi novo detrás do mostrador da farmacia de Baio.
  • QPC: Que cousas boas e malas ten organizar as festas da vila non sendo fin de semana?
O mellor de organizar as festas da vila e que haxa festa e os veciños e veciñas saian a tomar algo, a bailar, a pasalo ben e a bendicir o seu coche para que lle de sorte todo o ano. O malo de non ser en fin de semana, é que a xente non ten a mesma dispoñibilidade de poder vir e sempre votas en falta algunha cara coñecida.
  • QPC: Quen forma parte a comisión de festas de Baio?
A comisión de festas de Baio está formada por un nutrido grupo de mozos da vila. Martín MC - moi coñecido no mundo do fútbol e na vila por estar detrás da barra da cervecería Río Grande - é o presidente. O secretario é Manuel Espasandín, moi vinculado tamén ao mundo futboleiro de Baio e que traballa nunha xestoría o cal lle permite levar todos os temas de papaleo e permiso das festas. Os outros integrantes son Ramón Reymúndez - Ramón da droguería -; Jacob Sánchez - que foi anteriormente presidente -; Eloy Lema - da imprenta San Cristóbal de Baio e que se encarga da publicidade e da cartelería -; Andrés do Chamberín - disposto sempre a botar unha man no que faga falta -; ao igual que Óscar de Fornelos, Adrián Mel, Alberto Silvariño, Roi Fachal e moitos máis colaboradores que van pedir desinteresadamente polas casas da parroquia.
  • QPC: Canto tempo levades na comisión?
Éste é xa o noso cuarto ano. Seguimos con forzas e xa pensamos nas festas patronais de setembro, que serán os días 1, 2 e 3. Incluso xa temos contratadas orquestas do ano que vén que esperamos que sexa o noso derradeiro ano como organizadores e que a comisión se renove con novas ideas.
  • QPC: Que dificultades ten hoxe en día organizar una festa?
O peor é o traballo que dá organizar a festa en sí debido á gran cantidade de permisos que se necesitan actualmente para poder facer a festa. É necesario contar con profesionais que coñezan que permisos se necesitan para que todo estea en regra e que se poida levar a cabo.
  • QPC: E vantaxas?
O mellor de todo é a satisfacción que sentes unha vez que remata a festa e comprobas que o traballo se fixo ben feito. Os agradecementos dos veciños e veciñas e ver como desfrutaron das celebracións. A xente nova da vila temos a responsabilidade de organizar as festas, antes de que quedemos sen moitas delas.    Fonte

Comentarios