Domingo. 25.10.2020
El tiempo

As consecuencias das Eleccións: A Plataforma Zas sen recortes en pediatría desiste

Familias de Zas na manifestación deste ano contra os recortes en pediatria en Cee-Foto-Rafa Quintáns
Familias de Zas na manifestación deste ano contra os recortes en pediatria en Cee-Foto-Rafa Quintáns
As consecuencias das Eleccións: A Plataforma Zas sen recortes en pediatría desiste

”E colorín colorado o camiño desta coordinadora queda rematado”. Así, en quente, tras comprobar que o o PP arrasou en Zas co 61% dos votos. a Coordinadora da Plataforma Zas Sen recortes en Pediatría anunciaba que deixa a súa loita.

Tras máis de dous anos loitando, “dende o total altruismo”, para “que os nenos deste Concello volvesen a ter un servicio pediátrico digno”, deciden para ca batalla ante o goberno popular unha vez que comproban que a veciñanza non está pola labor.” Hoxe, dende os habitantes deste concello falaron donde o tiñan que facer: nas hurnas”. Así, conclúen que “Non podemos pelexar contra a vontade dos nosos veciños”.

“Botámoslle horas ós reloxos e días ás semanas. Quitámoslles momentos ós nosos fillos e familias para adicarllos a esta causa. E fixémolo porque non soportabamos este trato desfavorable cara centos de nenos”, explican. Agradecen a todas as persoas que axudaron, e lembran que estes días farán entrega das miles de formas recollidas en toda a comarca, nos cales milleiros de familias piden melloras nos servizos pediátricos.

Resultados das #ElecciónsGalegas2020: O PP gaña en 18 dos 19 concellos da Costa da Morte

comentarios