Venres. 19.04.2024
El tiempo

Continúa aberto o prazo para participar no PanxoliñaZas

Continúa aberto o prazo para participar no PanxoliñaZas
panxolinazas O concello de Zas fomenta a través deste concurso o uso do galego nas redes e a conservación das tradicións O concello de Zas manten aberto ata o vindeiro 16 de decembro o prazo para participar na segunda edición do concurso de PanxoliñaZas 2.0. Neste concurso, organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do concello, ten como obxectivo promover o uso do galego nas redes sociais e manter as tradicións do nadal e nel poderán participar todos os veciños e veciñas que así o desexen. Para participar deberán gravar un video – tanto de forma individual como en grupo – cantando en galego un canto típico do Nadal (panxoliña, villancico, cantos de Aninovo ou de Reis). Os participantes deberán enviar o seu video ao enderezo electrónico [email protected] cos datos do ou dos participantes (nome, apelidos, DNI, enderezo e teléfono de contacto) co asunto “Concurso de panxoliñas”. Tamén se poden entregar os traballos no Servizo de Normalización Lingüística do concello nun lapis de memoria ou envíalo a través da plataforma WeTransfer antes do 16 de decembro. Premios Os traballos publicaranse na páxina de Facebook municipal entre o 16 e o 26 de decembro e serán premiados o video máis popular, o que teña mellor presentación e posta en escea, o que conte con máis fidelidade á tradición infantil e o mellor video infantil. Cada un dos premiados recibirán un diploma e un vale de 100€ para gastar nos comercios do municipio. O xurado estará formado por cinco persoas designadas pola Alcaldía e o seu fallo coñecerase antes do día 6 de xaneiro. Este concurso súmase as accións que se organizan dende a Concellería de Cultura do Concello de Zas co fin de promover o uso da lingua galega. Novas relacionadas Fonte

Comentarios