![Jorge Mira acompanou ao equipo de Cuarto Milenio durante a sua gravacion en Vilaestevez]()
Jorge Mira acompañou ao equipo de "Cuarto Milenio" durante a sua gravación en Vilaestévez
O lugar de
Vilaestévez, na parroquia zasense de Gándara, foi o protagonista dunha das
reportaxes emitidas o pasado domingo no programa "Cuarto Milenio" que dirixe Iker Jiménez. O equipo do programa desprazouse ata aquí debido ás tormentas que tiveron lugar durante o pasado inverno e que, ao parecer, mataron varias vacas e incluso
tiraron un cruceiro en Meanos.
O equipo de "Cuarto Milenio" recolliu o testimonio de varios veciños e veciñas sobre unha "bola de lume de cor vermella" que provocou grandes desperfectos en Vilaestévez o pasado 27 de febreiro. O feito que non sexa a primeira vez que se rexistren este tipo de acontecementos na zona espertou o interese do programa presentado por Iker Jiménez.
Jorge Mira, catedrático de Electromagnetismo da Universidade de Santiago e natural de Baio, acompañou ao equipo de gravación e explicou que se trataba dun fenómeno natural coñecido como
"raio bola". Mira recalcou que ésta é unha zona exposta ás tormentas debido, en gran parte, ao Pico de Meda xa que fai de tapón e cambia o sistema de correntes o cal fai que sexa máis probable a caída dos raios.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Cuarto Milenio