Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Da Galicia de Fisterra á Galicjia dos Cárpatos pasando por Baio

Da Galicia de Fisterra á Galicjia dos Cárpatos pasando por Baio

Parte da rodaxe fixérase en Baio durante o 2008. De feito, un dos símbolos do filme, o barco, estivo varado varios meses ao carón da Carballeira de Baio. E hoxe recibimos a boa nova de que a película de produción galega, "A Casa da Luz", de Vimbio Filmes competirá no Festival Internacional de Cine da cidade de Cracovia en Polonia, na provincia de Galicja, si, coma a nosa, pero en polaco.

A produción vén de ser seleccionada para participar no 5th International Film Festival for Children Galicja 2012, que se celebra o vindeiro mes de xuño na cidade de Cracovia e onde competirá con longametraxes de Alemaña, Belxica, Estonia e Holanda.
A película, dirixida por Carlos Amil e producida por Xosé Xoán Cabanas Cao para Vimbio Filmes será a única representante galega e española presente no prestixioso Festival de Cine Infantil que se celebra na rexión do sul de Polonia, Galicja que comparte nome e - segundo algúns- substrato céltico, coa Galicia do noroeste ibérico.

“A Casa da Luz”, baseada na obra homónima de Xabier DoCampo, é unha película de imaxe real, pensada para nenos e nenas a partir de 7 anos que narra a aventura fantástica dunha panda que se ve obrigada a penetrar nun cadro, nunha pintura, para atopar nela a un amigo perdido. Ó outro lado do cadro atoparánse cun mundo que semella ser distinto do de que proceden.

Rodada íntegramente en Galicia e en galego a película está protagonizada por seis cativos arroupados por actores de longa experiencia, entre eles o muradán Xosé Manuel Olveira “Pico” e o carnotán Miguel de Lira, ademais doutros como Gustavo Pernas, Antonio Mourelos, César Goldi, Manuel Millán, Susana Dans, Cándido Pazó, Xúlio Lago, Miguel Pernas, Camilo Rodrigue...

Novas relacionadas

Máis novas audiovisuais

Fonte

Comentarios