![Carballeira da entrada a Daneiro, en San Cremenzo de Pazos, Zas-Foto-EDR]()
Carballeira da entrada a Daneiro, en San Cremenzo de Pazos, Zas-Foto-EDR
Continúan Evaristo Domínguez Rial e Xosé María Lema descubríndonos tesouros das parroquias do Concello de Zas pola rede. A iniciativa
Zas polo miúdo permítenos hoxe adentrarnos na parroquia de San Cremenzo de Pazos, e sumerxirnos nunha completa documentación elaborada por na que repasan aspectos demográficos, xeolóxicos e históricos desta parroquia situada na zona norte do municipio.
San Cremenzo, Castro e Daneiro son os lugares que compoñen a parroquia de San Cremenzo de Pazos, duns once quilómetros cadrados de extensión e na que predomina o relevo chá. Rompe esta tendencia a parroquia de Daneiro – cun topónimo único en todo o territorio español – e onde se ergue un pazo de amplas dimensións.
Na parroquia hai catalogadas tres mámoas; dúas delas moi preto do desvío da pista que vai desde Castro ata Daneiro e unha terceira que ubicada na paraxe das Landeiras. No lugar de Castro sitúase á beira esquerda do río Sisto un castro.
![Estado_actual_do_castro_de San Crimenzo-Zas_o_SO._Foto_EDR copia]()
Estado actual do Castro-Foto-EDR
Os datos demográficos sobre bastantes duros. Entre os tres núcleos de poboación sumaban, a 1 de xaneiro de 2017, un total de 178 veciños e veciñas; unha cifra moi distante dos 403 habitantes que se rexistraban na parroquia no ano 1950.
Na parroquia de San Cremezo de Pazo naceron perseiros como Ana María Platas Tasende e os xornalistas Mónica Martínez Lema e Santiago Garrido Rial.
Máis información
Novas relacionadas
Máis novas
Fonte