De ruta pola parroquia de Muíño, en Zas
07:10 26/01/17
A arca da Piosa, situada na parroquia de Muíño, é un dos monumentos maegalíticos máis importantes de Galicia
Despois de percorrer as parroquias de Brandoñas e de Brandomil, o concello de Zas fai unha nova entrega na web municipal de "Zas polo Miúdo"; un programa co que se quere poñer en valor os recursos naturais e culturais de Zas e que está dirixido pola concellería de Cultura de Zas.
Nesta ocasión, o concello ofrece unha información detallada da parroquia de san Tirso de Muíño grazas á documentación elaborada por Xosé María Lema Suárez e Evaristo Domínguez Rial.
Esta parroquia está integrada polos lugares de As Abellas, Campos, O Couto, A Churía, A Fonte Espiño, Marán, Pedra Padreiro, A Piosa, A Santa, A Toxa e o Vilar e contaba con 271 habitantes no ano 2015. As súas festas patronais celébranse esta fin de semana; o sábado na honra a an Tirso e o domingo a san Xosé.
Cada 26 de xullo, celébrase unha romaría na ermida de santa Margarida de Muíño
Unha das súas festas máis coñecidas é a que se celebra cada 26 de xullo na ermida de Santa Margarida; festa da que xa hai constancia dende o ano 1.670. Precisamente, despois de varios anos, en 2016 as merendas ás que acoden xente de toda a bisbarra tiveron que cambiar de ubicación logo duns problemase entre os donos das leiras.
A parroquia de Muíño tamén alberga un dos monumentos megalíticos de máis sona de toda Galicia: a arca da Piosa. Éste, ao igual que a ponte de Brandomil, foi outro dos monumentos que inspirou a Eduardo Pondal:
Arca antiga da Pïosa,
o vento que é triste oir
funga nas esquivas uces,
que están ó redor de ti;
e pasa entre elas bruando
con dorido xemir:
debaixo das túas antes
está o valente Brandomil.
(...)
... O valente Brandomil
saído da xentil e boa raza
dos celtas, repousa aquí"
(Eduardo Pondal.-Queixumes dos pinos; 1886)
Máis información:
Novas relacionadas
- A parroquia de Brandomil protagoniza a nova entrega de “Zas polo miúdo”
- Zas presenta as súas parroquias a través da rede
- Recunchos da Costa: A Arca da Piosa
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Zas