Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Un detido e un investigado por varios roubos en estancos da zona

O modus operandi consistía en pedir varios cartóns de tabaco e durante un descoido do dependente marcharse do lugar sen abonar a contía
Un detido e un investigado por varios roubos en estancos da zona

O Equipo Roca a Garda Civil de Carballo detivo a un home veciño de Coristanco por un delito de roubo con violencia, dous delitos de furto e un delito de lesións, investigou a un veciño de Carballo como coautor do roubo con violencia.

A investigación iniciouse a raíz da denuncia dun estanco de Zas, que manifestaba que o día 18 de setembro sobre as 22:00 horas entrou un home no seu local onde e pediulle tres cartóns de tabaco. Meteu os cartóns nunha bolsa de plástico e colgouna da súa boneca. Tras pedirlle varias cousas máis, púxose a realizar a conta e ao darse a volta o home tirou da bolsa, rompéndoa e levándose os cartóns.
Na fuxida interpúxose a muller deste, que tras pelexar co mismo, tras impactar con cadeiras e mesas do establecemento caeu ao chan. Á muller deulle tempo a levantarse e ao saír á rúa observando como o autor se montaba nun vehículo onde ían dúas persoas máis. Ambas as persoas presentaron diversos partes de lesións.

O día 20 de setembro también presentou denuncia o titular dun estanco da localidade de Baio (Zas) onde manifestaba que un home entrara no seu establecemento pedindo novamente tres cartóns de tabaco, e aproveitando un descoido da súa empregada, este marchouse do lugar sen abonar os cartóns, fuxindo do lugar a gran velocidade nun coche de cor azul.

O día 12 de setembro co mismo modus operandi, a Garda Civil tivo coñecemento de que feitos similares se produciron nun estanco da localidade de Santa Corda.

A investigación, que contou coa colaboración cidadá, permitiu identificar ao autor dos feitos e a súa detención, xa con antecedentes semellantes, que pasa a disposición xudicial do Xulgado de Garda de Corcubión.

Comentarios