Xoves. 11.08.2022
El tiempo

Do scape room ao desfile de liño nas Torres do Allo

Torres do Allo scapte room.
Do scape room ao desfile de liño nas Torres do Allo

Completo verán o que está a vivir o Pazo máis antigo de Galicia. Ademais das actividades continuas, prepárase xa a cita do sábado 23 de xullo. As Torres do Allo acollen unha “Xornada sobre o liño. Economía Circular”. Unha cita artellada polo Concello de Zas en colaboración coa Asociación “Amigos do Liño”, de entada libre previa inscrición nos 981 718 056 (Centro Sociocultural de Baio) ou no 981 751 398 (Centro Sociocultural de Zas) en horario de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas.

A xornada comeza ás 19:00 horas cunha demostración en vivo sobre os diferentes procesos de elaboración do liño. Precisamente o liño e o seu papel dentro da economía circular será o tema sobre o que xiren as diferentes conferencias que poderemos escoitar a partir das 19:30 horas e que estarán presentadas pola xornalista Mónica Martínez. A primeira en falar será Rosa Sánchez e farao sobre “Liño: artesanía, identidade e economía circular”. Continuará Jorge Mira Pérez cun relatorio que leva por título “O futuro na volta ás orixes”. Ricardo García Mira, experto en Psicoloxía Social, falará sobre “O liño na Costa da Morte como elemento de cohesión social e cultural” e rematará Xosé Regueira, Vicepresidente da Deputación da Coruña, co relatorio “O liño tradicionalmente contemporáneo”.

Unha vez rematadas as conferencias, haberá un desfile de moda con pezas de roupa elaboradas de forma artesanal con liño e, a continuación, Antía Muíño ofrecerá un breve concerto de música. As xornadas rematarán cunha degustación de produtos relacionados coa fía do liño e tamén se realizará un sorteo entre todos/as os/as asistentes.

Escape Room

E se prefires pasar por alí outro día calquera e vivir unha experiencia inigualable, podes disfrutar do Escape Room, que te permitirá coñecer a historia e segredos do pazo máis antigo de Galicia a través dun xogo de escapismo.

Este ano é o demo burlón da "Torre Viexa" o que porá a proba ás persoas participantes que deberán ir resolvendo a contrareloxo diferentes enigmas e misterios vinculados ao edificio e aos seus antigos habitantes para conseguir fuxir no menor tempo posible.

O Escape Room poderá facerse de luns a sábado, ás 16:00 horas da tarde e entre o 6 de xullo e o 15 de setembro, de balde. O tempo asignado para resolver as probas e poder escapar do pazo estará estritamente limitado a 60 minutos.

Cómpre facer reserva previa correo a [email protected], indicando Nome da persoa que reserva, Número de participantes (entre 2 e 5 persoas), Teléfono de contacto, Correo electrónico e Día da reserva.

comentarios