O documental sobre Brandomil encheu de historia o Museo do Pobo Galego

Gran acollida tivo, esta pasada tarde de xoves 5 de marzo, a proxección do documental “Brandomil, vila romana a carón do Xallas” no auditorio do Museo do Pobo Galego. Unha actividade que está enmarcada dentro da programación da 15º Mostra Internacional de Cine Etnográfico do Museo do Pobo Galego, que recibiu case un centenar de persoas, entre as que non faltaron o historiador Xosé María Lema, o arqueólogo Lino Gorgoso e o periodista Lois Oreiro, todos eles participantes na realización deste documental.
Tres costeiros explicaron o documental antes da proxección. O muxián Manuel Vilar, o director do Museo do Pobo Galego: o vimiancés Manuel Rial, o director do documental e a zaseira Eva Vilas, patroa da Fundación Brandomil, quen agradeceu tanto o Museo do Pobo Galego por acoller dita proxección como a Manuel Rial pola realización do mesmo.
Durante o coloquio a Fundación Brandomil recibiu numerosos agradecementos e tamén peticións para continuar coa súa labor. O documental nace co obxetivo por parte da Fundación Brandomil para dar a coñecer o gran xacemento romano existente e, coa pretensión, o mesmo tempo, de sociabilizar o patrimonio cos propios veciños.
Novas relacionadas
- O afundimento de Brandomil xa ten o seu documental.
- As catas arqueolóxicas confirman a existencia dunha gran vía empedrada en Brandomil
- Manuel Vilar e o alcalde de Santa Comba fixeron o Camiño por Brandomil dende Madrid
- A veciñanza rescata a súa historia nas presentación das guías de Brandomil e do río do Porto