luns. 15.09.2025
El tiempo

Convocan unha limpeza no río Grande ao seu paso por Vimianzo

CAMPAÑA MARES CIRCULARES
Convocan unha limpeza no río Grande ao seu paso por Vimianzo

O Concello de Vimianzo, en colaboración coa asociación internacional Chelonia, celebra a campaña 'Mares Circulares' co obxectivo de promover a sostibilidade ambiental nos medios mariños e acuáticos.

A actividade que o municipio celebrará no marco desta campaña consistirá na limpeza do Río Grande.

Realizarase o sábado, 3 de outubro, en horario de tarde, entre ás 16.30 e as 20.00 horas. O punto de partida será e a casa da Cultura de Vimianzo.

Para poder participar será necesaria a inscrición previa, que terá que facerse na web https://www.vimianzo.gal/

Comentarios