Venres. 03.05.2024
El tiempo

O Entroido buscará o Zaschoqueiro

entroido-zas-2024 cartel
O Entroido buscará o Zaschoqueiro

Programa especial o que ten preparado o Concello de Zas para celebrar este Entroido con obradoiros, festa, concurso de disfraces e filloas á pedra. 

Coma sempre, haberá un obradoiro infantil os días 12 e 13 de febreiro, aproveitando as vacacións escolares, e co fin de facilitar a conciliación laboral das nosas familias. Será en horario de 11:00 a 13:00 horas e realizarase nos Centros Socioculturais de Zas e de Baio. A asistencia é gratuíta e será necesario anotarse previamente no 981 751 398 ou no 981 718 456.

O sábado de entroido, 10 de febreiro, será o día da gran festa na que os máis novos da casa serán os protagonistas. Celebrarase no polideportivo municipal de Baio a partir das 17:00 horas e haberá inchables, talleres de maquillaxe, xogos, baile e moita festa coa música que nos poñerá DJ Rokiño. Tamén haberá doces de entroido e cantina a cargo do alumnado de 4º da ESO do IES de Baio para recadar fondos para a excursión de fin de curso.

A programación de Entroido organizada polo Concello de Zas remata o martes, día 13 de febreiro, co tradicional concurso de disfraces no que repartirán 1.750€ en premios. A festa comezará a paryir das 16:00 horas no polideportivo municipal de Zas e haberá tamén inchables, pintacaras, música, cantina e filloas á pedra para todos e todas. A partir das 19:00 horas comeza o concurso de disfraces no que haberá moitos premios.

Tamén haberá o premio especial “Zaschoqueiro” de 100€ ao disfraz máis orixinal e peculiar ataviado de xeito artesanal e estrafalario.

Para participar no concurso de disfraces é necesario anotarse previamente nas dependencias do Concello ou ben o propio día do concurso antes das 18:00 horas no propio polideportivo. 

Comentarios