Envorca un camión de porcos en Quintáns
15:29 07/01/21
Nova maña de numerosas incidencias na estradas polas placas de xeo que provocan as baixas temperaturas. Unha circunstancia que provoca ademais situacións singulares, como a acontecida en Quintáns, parroquia de Gándara, Zas.
Un camión, cargado de porcas de cría, sufría unha saída de vía nunha recta. Envorcaba e todos os porcos acaban nun herbal do lugar. Entre a Garda Civil, Protección Civil e os veciños están intentando mantelos vixiados no herbal, á espera da chegada dun novo camión dende Melide que os leve a unha granxa da zona.
Dende a zona aseguran que "foi unha sorte que acontecera nun lugar sen desniveis", polo que nin o condutor nin as porcas sufriron lesións importantes.
Novas relacionadas
- 07-01-2021: Nova mañá de incidencias nas estradas.
- 05-01-2020: As xeadas provocan numerosas incidencias nas estradas.