Xoves. 14.11.2019
El tiempo

Evaristo Domínguez e Xosé Mª Lema recuperan os valores da parroquia de Zas pola rede

Evaristo Domínguez e Xosé Mª Lema recuperan os valores da parroquia de Zas pola rede
RETABLO PETREO DA VIRXE DO CARME de Zas Zas polo miúdo tamén fala do retablo pétreo da Igrexa da Virxe do Carme-Foto-Evaristo Domínguez

Para cantas cousas serve a rede, e unha delas é a recuperación do noso patrimonio. Así o aproveita o Concello de Zas, coa súa proposta Zas polo miúdo, na que pon en valor os recursos de cada parroquia a través de internet.

A sección “Zas polo miúdo” da web municipal zaseira trae unha marea de información sobre a parroquia de Zas. Foron Evaristo Domínguez e Xosé Mª Lema Suárez os responsables desta documentación, que nos remonta ao 1820.

A web recupera datos da realidade demográfica, xeográfica e sobre a historia cultural e relixiosa. Ademais, recupera nomes como o de Severino Abelenda Graíño ou Manuel María Pose de Prado, de Vilar do Mato.

Tendes toda a info sobre a parroquia de Zas en Zas polo miúdo: Zas e mesmo podedes descargar un completísimo pdf.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios