A feira de Baio deste domingo xa será na nova Praza
O Concello de Zas presentará ante os comerciantes e hostaleiros diferentes propostas para o impulso da feira de Baio

16:10 11/01/22
Este domingo 16 de xaneiro, a feira de Baio terá nova ubicación. A nova praza de Baio, recén inaugurada, acollerá a feira que se celebra o terceiro domingo de cada mes.
Para darlle vida á Feira, o Concello organiza unha xuntanza co empresariado, este mércores ás 21:30h no Auditorio de Baio. O Alcalde de Zas, Manuel Muíño, exporalle a membros da Asociación de Empresarios Comarca de Soneira e responsables do sector comercial, hostaleiro e do automóbil de Baio as diferentes propostas que o Concello de Zas ten previsto poñer en marcha co fin de impulsar a feira de Baio. Son varias as actividades que teñen como obxectivo dinamizar a actividade comercial da vila.
Novas relacionadas
- 31-12-21: Baio estrea a súa nova Praza.