Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Baio estrea a súa nova Praza

A feira semanal trasladarase a esta praza nun futuro próximo
30.12.2021_Presentacion praza Baio2
Así foi a presentación da praza
Baio estrea a súa nova Praza

Esta pasada tarde de xoves, o Concello de Zas realizaba a presentación oficial da nova praiza de Baio. Coa posta en funcionamento da fonte ornamental, quedou inaugurado este espazo de máis de 6000 m2 dotado con zonas verdes e 75 prazas de estacionamento en pleno casco urbano da vila, e ao carón do paseo fluvial.

30.12.2021_Presentacion praza Baio1

Amosouse orgulloso o Alcalde de Zas, Manuel Muíño, “hoxe é un gran día tanto para Baio como para todo o Concello de Zas xa que é unha realidade un dos proxectos de maior envergadura dos últimos anos”, deixando patente que a obra era unha veñña demanda veciñal.

Muíño recordou que o procedemento foi inédito na Costa da Morte debido a que a urbanización desta área fíxose mediante a ocupación dos terreos, en lugar da expropiación que é o máis común, que figuran como adscritos a servizos públicos dentro do PXOM - Plan Xeral de Ordenación Municipal - do Concello de Zas.

A praza nace como “un punto de encontro intexeracional” e tamén como un lugar para o disfrute e celebración de diversos eventos tales como as festas da vila, feiras sectoriais e a propia feira de Baio que está previsto facer o traslado nun futuro próximo.

A obra desenvolveuse en apenas 5 meses, gracias a un investimento dos fondos propios do Concelllo de Zas de 314.988,72€.

Novas relacionadas

Comentarios