Venres. 29.03.2024
El tiempo

Feirauto entregou os agasallos solidarios da campaña “Un coche, unha ilusión”

feirauto-campana-solidaria-un-coche-unha-ilusion
Feirauto entregou os agasallos solidarios da campaña “Un coche, unha ilusión”

Os representantes dos talleres de Baio que forman o grupo Feirauto entregaron este día 5 os agallasos da xa tradicional campaña solidaria “Un coche, unha ilusión”. Esta é unha actividade que se fai en colaboración co departamento de Servizos Sociais municipal que se encarga de recoller as peticións entre as familias que máis o precisan así como de entregarlles os regalos. Xoguetes, roupa para o fogar e calzado son os arFgos que predominan e todos foron adquiridos no comercio local.

Ao acto de entrega asistiron os representantes dos talleres que forman o grupo Feirauto; o Presidente da Fecom, José Gabín; o Alcalde de Zas, Manuel Muíño; e o Tenente de Alcalde, Óscar Lema. Manuel Muíño agradeceu este pequeno xesto solidario co que se consigue que os agasallos de Nadal cheguen a todos os fogares do municipio.

Comentarios