Venres. 19.04.2024
El tiempo

Feirauto: A unión como garantía

Responsables dos 5 talleres da Feirauto de Baio
Lolo Martínez, de Automóviles Celmar; José Graíño, de Talleres Graíño; Julio Lema, de Talleres J. Lema; José Montes, de Bayomóvil e Manuel Montes, de Talleres Manuel Montes responsables dos 5 talleres da Feirauto de Baio
Feirauto: A unión como garantía

43 edicións non celebran por que si. A chave tena a unión. A unión que protagonizan os 5 talleres que convirten Baio dúas veces ao ano na capital galega do coche de ocasión. A unión dos Lolo Martínez, de Automóviles Celmar; José Graíño, de Talleres Graíño; Julio Lema, de Talleres J. Lema; José Montes, de Bayomóvil e Manuel Montes, de Talleres Manuel Montes.

Este venres 14 de xuño, e ata o doingo 16, comeza a 43ª edición de Feirauto, estas xornadas de portas abertas que xunta toda a variedade de coches de ocasión, km0 e seminovos, industriais, todorterreos, familiares, SUV, deportivos… dos 5 talleres baixo o paraugas dos descontos.

De 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas

Sorteo

Unha das novidades desta edición será o sorteo de 300€ en combustible que se dividirán en 6 vales de 50€ cada un. E participar é moi sinxelo. Só por visitar un dos cinco talleres participantes durante as xornadas de portas abertas, recibirás unha rifa coa que participarás no sorteo de 6 vales de 50€ en combustible que, no caso de resultar gañador, deberás canxear na estación de servizo Gasóleos Montaña de Baio. O sorteo terá lugar o domingo, 16 de xuño, ás 20:00 horas, xusto coindicindo co remate da 43ª edición de Feirauto e os números gañadores publicaranse na páxina de Facebook de Feirauto.

Ademais, estes días, na mesma páxina tamén podes participar noutro sorteo dun vale de 50€ en combustible.

  • Cinco talleres de Baio participan nas xornadas de portas abertas da Feirauto.
  • Comentarios